Título original: Arrebeldo do Norte.
Autor: Xosé Luis Méndez Ferrín.
Género: Novela.
Año: 1964
De qué va:
Arrabaldo do Norte, publicada por vez primeira en 1964, constitúe a primeira novela de Méndez Ferrín, agora reeditada na serie Literaria da colección de Peto de Xerais. Esta é unha obra de extraordinarias suxestións. O labirinto, a procura do incógnito, o eterno retorno... E todo exposto cunha técnica exquisita onde non faltan, coma sempre en Ferrín, poesía e ironía.
Arrabaldo do Norte, publicada por vez primeira en 1964, constitúe a primeira novela de Méndez Ferrín, agora reeditada na serie Literaria da colección de Peto de Xerais.
Esta é unha obra de extraordinarias suxestións. O labirinto, a procura do incógnito, o eterno retorno... E todo exposto cunha técnica exquisita onde non faltan, coma sempre en Ferrín, poesía e ironía (Anxo Angueira). Arrabaldo do norte é un kafkiano percorrido por labirintos circulares dun ser empeñado nunha busca transcendental e estéril que o conduce á destrucción (Diccionario da Literatura Galega). O protagonista busca polo labirinto do Arrabaldo, sen atopar nunca o que procura. Cando publica Arrabaldo do norte, Méndez Ferrín militaba na UPG, recén creada na clandestinidade. Esta militancia na esquerda radical vaille traer cambios á súa vida, estancias na cadea que o marcarán e influirán nas súas obras (Sonsoles López). Otero Pedrayo posuía a grandeza. Cunqueiro posuía a perfección. X.L. Méndez Ferrín ten as dúas calidades xuntas en grao superlativo (Darío Xohán Cabana, Diario 16 de Galicia). Arrabaldo do norte é un relato obxectivista polos camiños do nouveau roman (Vicente Araguas).
Por cuánto me sale:
- O Xornal de Galicia:
Edición: Galicia
Fecha: Sábado, 23 de Julio de 2011
Precio: Libro (1,20) + Periódico (1,10) = 2,30 euros
Colección: A nosa Literatura ao Alcance de teu Peto
Entrega: 5
- O Xornal de Galicia:
Edición: Galicia
Fecha: Domingo, 24 de Julio de 2011
Precio: Libro (1,20) + Periódico (2) = 3,20 euros
Colección: A nosa Literatura ao Alcance de teu Peto
Entrega: 5
No hay comentarios:
Publicar un comentario