viernes, 5 de agosto de 2011

Silencio

Silencio - Fran Alonso
Título original: Silencio.
Autor: Fran Alonso.
Género: Novela.
Año: 1995

De qué va:

Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo.

“Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka”. (Antón Reixa).

“Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade”. (Xoán Acuña).

“Para ensumirnos –e abraiarnos– neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector”. (F. Martínez Bouzas).

Por cuánto me sale:
¿Lo has leído? Deja tu opinión en un comentario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario